Xustificación do proxecto Voz Natura curso 2014-2015
| |
Actividades - Proxecto Voz Natura
Neste curso imos quedar todos coa barriga chea, xa que para a realización do mesmo fixemos unha horta no patio do colexio á que lle plantamos dende leitugas, tomates, pementos, allos porros, amorodos, etc. Unha vez prantados toca o turno de coidalos, regalos e quitarlle as malas herbas, o que faremos todos os cursos axudados cos nosos mestres e pais para que ao final podamos facer unha boa comilona.
Este ano está adicado as enerxías sostibles que nos permiten baixar o consumo de combustibles fósiles que emiten CO2 a atmósfera de tal xeito que podermos reducir a contaminación. Estas enerxías que proveñen da luz do sol, do vento e da forza do mar entre outras son fácilmente renovables xa que son naturais.
O gran reto VOZ NATURA para o curso 2010-2011 foi a construción dunha lagoa artificial no patio do colexio.
Como podedes ver neste video conseguímolo!. Os rapaces de 3º e 4º de ESO traballaron moito, é tamén se divertiron. Agora cando chegamos o primeiro que escoitamos son ás ras que nos saúdan pola mañán.
Dende o ano 2005, o colexio participa no concurso "Voz Natura".
Aqui podedes ver as portadas das revistas que editamos cos resultados do noso traballo. Clicando en algunhas poderdes coñecer os resultados máis polo miúdo
Xustificación do proxecto Voz natura curso 2013-2014
| |
Actividades - Proxecto Voz Natura
Neste curso o noso proxecto de Voz Natura xira entorno a o cuidado de Mares e Ríos, o seu título é "Mares e Ríos dannos a vida". Ao longo de todo o curso fixéronse diferentes actividades dende infantil ata a ESO. Así rapaces da ESO foron limpar as beiras do río Tea, alumnos de 5º e 6º foron visitar a planta de Augas de Mondariz onde descubriron cal é o tratamento da auga ata que chega as nosas casas. Os rapaces de 1º e 2º de primaria fixeron "collages" para ilustrar as diferenzas entre as augas sucias e contaminadas e as augas limpas dos mares, ríos e lagos e así con todo o colexio ata crear un proxecto no que todos aprendemos a coidar o medio ambente.
Xustificación do Proxecto Voz Natura 2011-2012
| |
Actividades - Proxecto Voz Natura
Estamos afeitos ver os bosques coloridos no outono ou frescos na primavera ou verán. Os bosques son os espazos máis importantes da biosfera da Terra. É unha área na que existe unha alta densidade de árbores e son esenciais por ser o hábitat de moitos animais, modular os fluxos hidrolóxicos e ser conservadores do chan. Existen poucos lugares onde a natureza se amose con tanto esplendor e beleza como nos bosques; hai que conservalos e axudar a que se desenvolvan.
Despois de millóns de anos de vida no planeta Terra, e debido a evolución, moitas foron as especies novas que se formaron e moitas as que desapareceron por non poder adaptarse ás condicións ambientais cambiantes. Este cambio gradual producido de xeito natural, deu lugar ao recurso máis valioso do planeta: a diversidade biolóxica.