Calendario Escolar 2018-2019

ORDE do 28 de maio de 2018 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2018/19 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade  Autónoma de Galicia.

O curso académico abranguerá desde o día 1 de setembro de 2018 ata o 31 de agosto de 2019.


Inicio do curso:


Nos primeiros días do mes de setembro e ata o día 5 como máximo, realizaranse as probas correspondentes á convocatoria extraordinaria do curso 2017/18 para o alumnado de educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional básica.


No 2º ciclo de educación infantil, na educación primaria e na educación especial, a impartición efectiva de clases realizarase do día 12 de setembro de 2018 ao 21 de xuño de 2019, ambos inclusive.


Na educación secundaria obrigatoria, as clases realizarase do día 17 de setembro de 2018 ao 21 de xuño de 2019, ambos inclusive.



Períodos de vacacións:


1. Nadal: desde o día 22 de decembro ata o día 7 de xaneiro de 2019, ambos inclusive.

2. Entroido: días 4, 5 e 6 de marzo de 2019.

3. Semana Santa:desde o día 13 ata o 22 de abril de 2019, ambos inclusive.



Días non lectivos:


Día do Ensino: 7 de decembro de 2018

Incorporaránse novos días non lectivos ao longo do curso