Este ano as bruxas e pantasmas chegaron cargadiños de boas castañas para celebrar connosco o magosto. Podedes botar un ollo neste vídeo que nos preparou a teacher Erea.
Xa chegou o Nadal, e como cada ano podedes gozar do noso festival onde todos os alumnos póñense os seus mellores galas para mostrarnos os seus dotes artísticos. Gozade como nós destas actuacións e vémonos no 2022. BO NADAL! VER VÍDEO
Coma cada ano celebramos esta festa tan importante para todos os galegos. Moitas foron as actividadades que se levaron a cabo nas aulas para conmemorar este día. Aquí podedes ver un video resumo das mesmas feito por Melissa de 3º ESO. Ver Vídeo
Os libros ocupan un lugar moi importante nas nosas vidas, e o 23 de abril homenaxeámolos como se merecen. Aquí tedes unha mostra das actividades que levamos a cabo para celebrar este Día no colexio. Ver Vídeo
Hoxe broche de ouro para este segundo trimestre que acabamos de rematar. O polifacético artista Tonhito de Poi veu a darnos unha maravillosa charla sobre a importancia do galego na vida e na música. Grazas por vir e compartir con nós as túas vivencias. Ver vídeo
Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros que analizan o uso do mesmo coa finalidade de mellorar os nosos contidos e a súa experiencia de navegación. Se continua navegando entendemos que acepta o seu uso.