Educación Vial

O venres 1 de febreiro os alumnos de 4º e 6º de primaria, tras una clase teórica que tiveron ao principio de curso impartida pola policía local, visitaron as instalacións do colexio público Nosa Señora dos Remedios onde puxeron en práctica os coñecementos adquiridos para un correcto uso das bicicletas na vía pública. Esta actividade organizada polo concello pretende fomentar o uso responsable das mesmas.