ADMISIÓN

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

XORNADA PORTAS ABERTAS 2025-2026

Achégate ao noso centro o próximo 12 de febreiro ás 17h e descubride todo o que temos para a vosa familia.

O proceso de admisión ábrese no mes de marzo, infórmate para que o teu fillo ou filla forme parte do Colexio Plurilingüe “La Inmaculada” para o próximo curso escolar.

PROCESO DE ADMISIÓN

  • Reserva de praza ou renuncia no centro do 15  de xaneiro ao 5 de febreiro.
  • Presentación de postos vacantes: antes do 1 de marzo
  • Presentación da solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo.
  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo, no caso de que sea solicitado polo centro: 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
  • Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: o 25 de abril.
  • Prazo de reclamación ás listaxes provisionais: 5 días hábiles a partir do seguinte da súa publicación.
  • Publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos:  o 15 de maio.
  • Prazo para formalizar a matrícula en educación infantil e primaria: antes do 30 de xuño.
  • Prazo para formalizar a matricula en ESO: antes do 7 de xullo.

Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.

2º. O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.

3º. En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela.

A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8.

Podedes facer a solicitude de admisión a través da páxina da Xunta de Galicia (fai click sobre a imaxe) ou de xeito presencial no centro.

A documentación a presentar é a seguinte:

IMPRESO DE SOLICITUDE (Galego)

IMPRESO DE SOLICITUDE (Castelán)

OUTRA DOCUMENTACIÓN:

Para todos

  • Fotocopia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
  • Fotocopia do libro de familia completo
  • Certificado de empadroamento de todos os membros computables da unidade familiar.
  • Certificado de matrícula do curso 2024-2025, se é o caso.

Para acreditar situacións específicas

  • En caso de pais separados ou divorciados, sentencia de separación
  • Libro de familia numerosa
  • Certificado de discapacidade
  • Certificado do domicilio do centro de traballo
  • Certificado monoparental
  • Certificado de violencia de xénero

Todos aqueles fillos ou fillas de antiguos alumnos do centro gozarán dun punto para o baremo de solicitudes no proceso de admisión tal e como se aprobou no Consello Escolar do 5/03/2013.

Neste mapa mostramos a área de influencia do centro na que a puntuación para o baremo é maio para os residentes ou traballadores de dita área.

MAPA ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO