Axudas libros de texto

Participación fondo solidario, Axudas libros de texto e Material escolar curso 2023-2024

Normativa

ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B).

 

O prazo para presentar solicitudes vai dende o 20 de maio  ao día 21 de xuño de 2023 (ambos incluídos)

_______________________________________________________________________

Presentación de solicitudes:

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I e II) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/) ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2023/24, deberá presentala no centro no que estivese matriculado no curso 2022/23.

 

Documentación a presentar:

Anexos I  e II Debidamente cubertos e asinados.

a) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, deberán presentar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

b) Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

c) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero

d) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.