Conscientes da necesidades das familias, o centro conta cos servizos de aula matinal e aula ludoteca completando así a oferta horaria que, deste xeito, comprende desde ás 7.30h ata as 17:00h.
Aula Matinal
A recollida dos alumnos será dende as 7:30h. e durante este período de tempo os nenos estarán acompañados por unha monitora no propio colexio e realizarán diferentes actividades. Os alumnos poderán traer o seu almorzo a aula matinal.
Aula Ludoteca
A aula ludoteca desenvolveráse dende ás 16 ás 17h. Durante este tempo os alumnos estarán acompañados dun monitor realizando actividades diversas para fomentar a creatividade, destreza manual e intelectual.
