Admisión. Situación excepcional polo COVID 19

Admisión alumnado

Do 11 ao 18 de maio, ambos incluídos

a) De conformidade co artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os demais prazos do procedemento de admisión reduciranse á metade.
b) Novos prazos do proceso:
● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.
Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.

Dende o 11 de maio o horario de atención do centro será:

De Luns a Venres de 9:00 a 14:00h

Xa temos publicadas, nos taboleiros do centro, as listaxes provisionais de admitidos e non admitidos para o vindeiro curso 2020-2021. Nos próximos días publicaremos tamén as definitivas.

Dende o día 11 de Xuño podedes pasar pola secretaría para recoller os impresos de matrícula.

Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial
YouTube
RSS
Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros que analizan o uso do mesmo coa finalidade de mellorar os nosos contidos e a súa experiencia de navegación. Se continua navegando entendemos que acepta o seu uso.