ADMISIÓN

O proceso de admisión ábrese no mes de marzo, infórmate para que o teu fillo ou filla forme parte do Colexio Plurilingüe “La Inmaculada” para o próximo curso escolar.

Calendario

  • Reserva de praza ou renuncia no centro do 15  de xaneiro ao 5 de febreiro.
  • Presentación de postos vacantes: antes do 1 de marzo
  • Presentación da solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo.
  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo, no caso de que sea solicitado polo centro: 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
  • Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: o 25 de abril.
  • Prazo de reclamación ás listaxes provisionais: 5 días hábiles a partir do seguinte da súa publicación.
  • Publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos:  o 15 de maio

A ter en conta

1º. Todo o alumnado incluído no ámbito desta orde poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata seis (6) centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar.

 

Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.

2º. O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.

3º. En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela.

A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8.