ESCOLA ECO SOSTIBLE
♂️ SÚPER HEROES POLO PLANETA! ♻️
Xuntámonos para salvar o planeta! Este proxecto transforma a estudantes en verdadeiros súper heroes ecolóxicos, protexendo a natureza cunha misión especial: reducir, reutilizar e reciclar!
Os nosos poderes:
♻️ Reciclamos e reducimos residuos.
Coidamos da natureza e da biodiversidade.
Educamos e inspiramos á comunidade a ser máis sostible.
Únete á nosa liga verde e salva o mundo connosco!
COIDADO DO MEDIO AMBIENTE
Un dos principios que queremos transmitir aos nosos alumnos é o respecto e o coidado polo medio ambiente. Por iso participamos activamente nos proxectos medioambientaies propostos polo concello de Ponteareas, así como no Proxecto Voz natura promovido pola Fundación Santiago Rey Fernandez Latorre e realizamos plantacións no Monte da Picaraña cada curso escolar.


DEPORTE E SAÚDE
Así mesmo fomentamos un estilo de vida saudable coa práctica de deporte dentro e fóra das aulas compartindo experiencias con outros colexios rexistrados no programa “Xogade” da Xunta de Galicia.
SOLIDARIEDADE
Estamos hermanados coas escolas Fe e Alegría de Guatemala e co colexio Salem Ahmed Baricalla da Wilaya de Bojador no Sahara Occidental. Cos nosos irmáns e irmás intercambiámonos cartas, videochamadas e realizamos campañas de recollida de alimentos para axudarlles cando máis o necesitan.
