Conmemoracións

Ángela López 5º E.I.

Conmemoracións

Ao longo do curso son moitas as conmemoracións que se celebran no colexio para desfrute tanto de alumnos e alumnas coma dos seus pais e profesores que traballan de forma conxunta para pasalo ben.

Bota unha ollada

Halloween e magosto

Cada ano no mes de outubro celebramos o Halloween e o magosto. Unha festa terrorífica na que enchemos a barriga coas castañas recen asadiñas.

Cabaza Halloween

Nadal

No Nadal todo o cole se engalana para cantar panxoliñas, bailar e recibir as súas Maxestades Reais e a Papá Noel.

Entroido

Na festa do Entroido podemos encontrar todo tipo de personaxes polo colexio, reais ou imaxinarios tanto ten, o importante é pasalo ben.

Entroido

Os nenos aprenden tamén...

Son moitas as actividades que se fan ao longo dos meses para que os alumnos e alumnas tomen conciencia da problemática que xira no seu entorno:

  • Día Internacional contra a Violencia de Xénero
  • Día Internacional das Persoas con Discapacidade
  • Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos
  • Día Internacional da Muller
  • Día Mundial dos Dereitos do Consumidor
  • Semana da Prensa
  • Semana do libro
  • Día Internacional contra o Acoso Escolar
Mónica Carrera