Departamento de Pastoral

Esther Alonso é a coordinadora do Departamento de Pastoral, que é o encargado de organizar as “Xornadas de convivencia escolar coas familias”.

Para os máis pequenos, as familias achéganse as aulas para participar da vida escolar dos seus fillos e desfrutar facendo xuntos as actividades propostas por este departamento, onde ademais de divertirse aprenden valores tan importantes coma a convivir ou compartir.

Para os maiores estas Xornadas trasládase a Igrexa Parroquial onde xuntos participan das Eucaristías celebradas nas datas máis sinaladas do curso: inicio de curso, nadal, semana santa e fin de curso.

Grazas a colaboración das familias os mestres e alumnos conseguimos que a aprendizaxe sexa moito mais dinámica, lúdica e que todos formemos  parte da comunidade educativa do centro.

Dep. pastoral

Proxecto Conta Comigo

O noso Colexio “La Inmaculada” leva colaborando, o ano 2006, coa Institución xesuíta Fe e Alegría en Guatemala. Esta colaboración consiste nunha aportación para Becas de estudos, e está coordinada pola ex­­- mestra do colexio María Jesús Laveda, que na actualidade é profesora no colexio Santa Lucía La Reforma no Departamento de Totonicapán en Guatemala.

 

A maioría do alumnado que asiste a escola Santa Lucía (Primaria –Secundaria), procede de familias campesiñas con  baixos recursos económicos. Esta situación provoca un gran absentismo escolar debido á imposibilidade de comprar  material escolar por parte das familias. A educación nestes fogares non é unha prioridade, e moitos nenos, sobre todo nenas quedan  cos estudios básicos sen rematar. Moitos deles, ante a dificultade de acceder ó mundo laboral e, debido a súa falta de formación, remata no mundo da delincuencia.

Dende o Colexio quixemos dar un paso máis e que a axuda non só sexa un pequeno aporte para Becas Escolares. Así, no ano 2012 organizamos unha Carreira Solidaria no colexio na que participaban tanto pais como alumnos.

No ano 2016 iniciamos un intercambio de cartas entre os escolares de Santa Lucía e o noso centro; co que pretendemos unir lazos de amizade e o mesmo tempo sensibilizar o noso alumnado da realidade  que viven os seus amigos de Guatemala.

Cando os alumnos da Inmaculada coñeceron os desexos dos seus amigos de aprender, estudar e mellorar a súa calidade de vida, plantexaron a necesidade de implicarse directamente para axudar a que os soños e desexos daqueles se poidan cumprir.

Polo tanto, fixemos unha posta en práctica do Proxecto “Conta Comigo”, a través dun Mercadiño Solidario no que cada alumno aportou contos, libros de lectura, cómics… que se venderon a prezos módicos. Deste xeito, o noso alumnado tivo unha implicación máis directa no Proxecto, ó sentirse máis activos.

Finalmente, enviamos o recadado á coordinadora en Guatemala para que as familias con máis necesidades puideran comprar o material escolar necesario para o vindeiro curso escolar. Unha parte do recadado tamén foi invertido na compra de  alimentos para o comedor escolar do centro, a alimentación é unha das grandes preocupacións para o profesorado. Os índices de desnutrición crónica e severa son altos nestas localidades e dificulta o aprendizaxe e rendemento escolar.

Neste curso escolar, 2018/19 reiniciaremos a actividade do Mercadiño Solidario, seguindo as pautas doutros anos; recollida de material, clasificación do mesmo e venda. Sensibilizar os nos@s alumnado con necesidades alleas é fundamental para a súa formación e crecemento persoal como persoas íntegras.

O obxectivos deste proxecto son:

  1. Intercambio cultural-solidario entre Guatemala e Galicia- España.
  2. Amosar actitudes de respecto cara a cultura de Guatemala, así como a nosa propia cultura.
  3. Intercambiar información persoal (nomes, idades, gustos, aficcións…) para ser compartida.
  4. Informarse, investigar e amosar interese por outras realidades alleas á propia.

“Muchas pequeñas gentes,  en muchos pequeños lugares, haciendo muchas pequeñas cosas, pueden cambiar el mundo”

Chus Laveda