O colexio na actualidade

Foto claustro

A comunidade escolar

O equipo directivo, o claustro de profesores e os traballadores do centro levan a cabo unha labor conxunta para que o Colexio Plurilingüe “La Inmaculada” siga sendo un referente na Vila de Ponteareas pola súa calidade educativa.

O Colexio hoxe

Na actualidade o centro segue a ser unha fundación sen ánimo de lucro e segue ofrecendo aos seus alumnos e alumnas a mellor calidade de ensino, coas mellores instalacións: aula de encerado dixital, sala de informática, biblioteca, aula de inglés, de música… Porén, o noso obxectivo, alén do puramente instrutivo, é formar persoas de ben,  poñendo o maior empeño na adquisición de valores humanos, na creación de hábitos  de convivencia e respecto e no fomento da responsabilidade e do compromiso.

Consta de 13 aulas destinadas a albergar aos a alumnos e alumnas dende 4º de Educación Infantil ata 4º de ESO.  Ademais están as dúas aulas de informática, a aula de inglés, a aula de música, o taller de tecnoloxía, o laboratorio e a biblioteca.

Para as actividades deportivas e ao aire libre, o centro consta dun pavillón e un amplo patio no que se atopan as pistas deportivas: dous campos de fútbol e dúas pistas de baloncesto. Tamén conta con instalación para voleibol e balonmán. No patio cuberto xogan os rapaces cando chove, ao igual que na Sala de Usos Múltiples, na que tamén celebramos as conmemoracións máis importantes.,

Temos tamén un parque ao aire libre con bambáns e un gran xardín con horta ecolóxica, horta de aromáticas e xardín das bolboretas e árbores dos que desfruta toda a comunidade escolar.

No edificio principal, que está protexido por Patrimonio dados os máis de 100 anos de existencia, residen os despachos de dirección e secretaría, a sala de profesores, as salas de titoría e os departamentos de ESO. No piso superior atópase o departamento de orientación cunha psicóloga-orientadora e unha especialista en audición e linguaxe e pedagoxía terpéutica.
O colexio tamén ten unha pequena capela na que ao longo do curso se levan a cabo as actividades de Pastoral para os máis pequenos.

 

 

  • O centro leva a cabo a súa labor docente dende 1901
  • Os alumnos reciben clases en castelán, galego, inglés e francés
  • Apostando polo emprego das novas tecnoloxías, todas as aulas están dotadas con ordenadores e encerados dixitais
  • O centro participa activamente en programas de coidado do medio ambiente e deporte escolar
  • Toda a comunidade escolar desfruta das diferentes conmemoracións: Nadal, Día da Paz, Entroido, Letras Galegas…

Resolve as túas dúbidas

Sí, o centro conta coa escolarización dende os tres anos ata os dezaseis, de tal forma que cando o neno consiga o Título de Grado en ESO pode acceder ao Bacharelato ou a Formación Profesional.

O centro ten xornada continua polo que solo temos clases de mañá dende as 9 ata as 14h en Educación Infantil e Educación Primaria e de 9 a 14:30h na ESO. Os alumnos da ESO teñen clase tamén os luns de 16:20 a 18h.

No Regulamento de Réxime Interno do centro establécese a relixión como primeira opción polas características de constitución do centro, sen embargo as familias poden solicitar unha optativa.

Premios