Principios pedagóxicos
O noso colexio inspira o seu proxecto educativo na concepción cristiá do home e do mundo, seguindo as orientacións da igrexa católica.
O seu principal obxectivo é a formación integral dos alumnos que implica unha educación na orde humana, social, intelectual e cristiá e que aspira a formar homes e mulleres que constrúan unha sociedade máis xusta.
Para todo isto buscamos potenciar a consolidación humana e profesional de todo o colectivo de profesores, mediante un traballo coordinado e unha reciclaxe continuada; así como a implicación afectiva e responsable das familias na actividade educativa e a relación do noso centro coas realidades de todo tipo: físicas, ambientais, sociais, relixiosas, culturais, etc. que nos circundan e nas que estamos inmersos.
Plurilingüismo
Dende o curso 2013-2014 o centro pertence á Rede de Centros Plurilingües de Galicia fomentado así entro os alumnos a aprendizaxe do inglés e do francés.
Novas Tecnoloxías
Todas as aulas contan con encerados dixitais e ordenadores, ademais o centro conta cunha aula de informática para facilitar ó acceso as Novas Tecnoloxías de todos os alumnos.
Proxectos
A participación da comunidade escolar en diferentes proxectos axuda aos alumnos a interiorizar os aprendizaxes de forma práctica.
Calidade Educativa
Mestres e profesores
- Mestres e profesores con anos de experiencia no sector da educación.
- O centro conta cun departamento de orientación cunha psicóloga clínica e unha especialista en audición en linguaxe e pedagoxía terapéutica para axudar aos nenos con algunha dificultade.
Alumnos matriculados
- O centro posúe unha soa liña por curso estando ao completo na maioría dos cursos.
Publicacións
- O centro edita cada curso 4 xornais dixitais para participar no concursos “El país digital”
- Ao final de cada curso escolar publicamos a nosa revista “Xérmolo” onde se fai un resumo de todas as actividades e proxectos feitos pola comunidade escolar.
- No ano 2010 o centro cumpriu 100 anos polo que a profesora de galego Chus Iglesias recompilou nun libro a historia do centro nestes anos.
Proxectos
- O centro participa en diferente proxectos entro os que destacan:
O coidado do medio ambiente co Proxecto Voz Natura
O fomento da actividade Física co Programa “Xogade”