Historia

O Colexio Plurilingüe "La Inmaculada" é a única actividade que leva a Fundación Félix Rodríguez González, unha fundación sen ánimo de lucro que leva a cabo unha labor educativa dende 1901 de forma ininterrumpida na Vila de Ponteareas.

O Colexio da Inmaculada non existiría sen a figura de Félix Rodríguez González.  Este filántropo, nacido en Tui no ano 1834, doou a favor do Párroco de Ponteareas un terreo con finca situado entre as rúas Carretas e Salvatierra para a fundación dun colexio para nenas sen recursos e un hospital. Aínda que esta segunda intención nunca se chegou a cumprir, si que se creou unha escola que será a que dea orixe ó que hoxe en día é o noso colexio de “La Inmaculada”.

Unha vez que  Félix Rodríguez González fai a doazón, a propiedade pasa a ser unha Fundación de Beneficencia, rexida por un Padroado e a súa regulación  definitiva aparece recollida nunha orde do Ministerio de Gobernación  do ano 1933. Neste documento  esta fundación aparece xa co nome do doador: Fundación Félix Rodríguez González. Tratase polo tanto dunha Fundación sen ánimo de lucro que continúa ata a actualidade.

Tras un breve período no que esta escola estivo rexida por unhas monxas francesas, a partir de 1910 faise cargo da dirección a comunidade de Relixiosas Franciscanas, baixo a advocación da Divina Pastora que exercerán o seu labor ata 1972. Son elas as que proceden o rexistro definitivo e oficial do centro co nome de colexio “La Inmaculada”.

Neste período o colexio contaba cun internado onde que daba aloxamento a nenas de familias sen recursos ou que tiñan os seus pais emigrados, o que é unha pequena mostra da implicación social do colexio.

A partir do ano 1970 o centro entre nunha situación moi complicada xa que as Nais Franciscanas, debido á falta de vocacións, empezan a plantexarse deixar a xestión do centro. Neste momento é fundamental o labor dunha figura clave na historia do colexio: D. Enrique Troncoso, párroco de Ponteareas. El tentou facer todo o que estaba nas súas mans para que as Franciscanas seguisen ligadas ó colexio  pero non foi posible. O adeus definitivo tivo lugar no ano 1972.

Para lograr a continuidade do centro escolar púxose en contacto co Pai Cornelio, fundador do instituto secular Vita et Pax, para que esta institución se fixera cargo da dirección. Os seus esforzos deron froito e no ano 1972 Consuelo Amorós, Mª Carmen Fernández e Ana Iglesias, integrantes deste instituto, veñen a Ponteareas para iniciar o seu labor. Son anos moi difíciles non que traballan duramente, xunto coas profesoras Carmela Abalde, Mª Josefa Porto e Pilar Novoa, para sacar adiante un colexio que estaba nunha situación  física e económica moi precaria.

Neses anos leváronse a cabo as xestións necesarias para que o Padroado provisional que rexía o colexio se convertese en definitivo. Tendo en conta que o colexio “La Inmaculada” é unha Fundación sen ánimo de lucro, o órgano que debe supervisar toda as decisións, tanto económicas como administrativas ou docentes, é un Padroado. No ano 1985 a Xunta de Galicia aproba a constitución definitiva do Padroado formado polos seguintes membros: Delegado de Educación, Alcalde de Ponteareas, Cura Párroco, Xuíz de Primeira instancia, Notario, Director do centro e Presidente de APA.

Consuelo Amorós exerce a dirección ata o ano 1992, data na que é substituída por Cecilia Nadal, quen será directora ata o ano 1999. Ó longo deses anos vanse facendo obras de melloras no colexio e  lógrase a implantación da ESO que permitirá que os alumnos poidan rematar o súa escolaridade obrigatoria no centro.
Cecila é substituída por Teresa Miñana, que será a última representante, xunto con Mª Jesús Laveda, do instituto Vita et Pax en Ponteareas xa que no ano 2005 vense na obriga, como xa pasara coas Nais Franciscanas, de deixar o colexio por falta de vocacións.

Nese momento o Padroado delega a xestión de centro no claustro de profesores, quen elixe a Rosa García, como directora, Carmela Abalde, como xefa de estudos, e Irene Estévez, como secretaria.
Comeza no ano 2005 unha nova etapa para o colexio “La Inmaculada”, marcada pola ilusión e o empeño de seguir mantendo viva unha maneira de educar marcada por valores tan importantes como a solidariedade, a tolerancia, o respecto e o espírito crítico.

.

Premios

Nesta longa traxectoria do colexio fóronse acadando numerosos premios, os máis recentes son:

  • Premio á Excelencia Educativa outorgado pola Confederación Española de Centros de Ensinanza (CECE)
  • Premio á labor educativa e social outorgada polo Concello de Ponteareas
  • Recoñecemento da Xunta por ser un dos primeiros centros adheridos ao Programa Plurinfantil que trata de acercar as aulas de infantil á educación en lingua inglesa
  • Recoñecemento do Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE) pola participación dos docentes do centro en programas de aprendizaxe e perfeccionamento de linguas estranxeiras (inglés e francés)